CAOS

A chamada do equinoccio
Entre as sombras da sídhe
É unha historia que se basea na rica mitoloxía celta para explorar a dor e a aceptación a través dos ollos dunha nena que, por circunstancias tráxicas, perde aos seus pais.

sinopse:
Na antiga Galiza, envolvida na maxia dos deuses celtas e nos misterios da natureza, unha nena perde os seus pais e é arrastrada por unha dor profunda e inexplicable.
Perdida na súa dor, cruza sen querer o limiar dun mundo descoñecido onde atopa dous deuses celtas que a guiarán nunha viaxe ao outro lado da dor. Na súa viaxe, Briccia aprenderá sobre a conexión entre os vivos e os mortos, sobre a importancia de honrar os antepasados e como, en medio do sufrimento, a vida continúa a transformarse, coma un río que flúe a través das estacións e os tempos.
A rapaza comeza a comprender que a morte non é un final, senón parte dun ciclo eterno. "A chamada do equinoccio" é unha historia sobre a maxia dos deuses celtas, o respecto polos espíritos dos antepasados e o poder transformador da natureza, que nos lembra que a vida e a morte están entrelazadas nun ciclo interminable de renovación.
Aquí podes ver unha mostra conceptual do proxecto.