top of page

Ilustración Editorial

Traballei para a editorial Baía Edicións na creación desta portada para o libro "O Faro" de Carlos Labraña.

Este libro é o gañador do XVI Premio Barriga Verde 2024.

En canto á ilustración da portada, centreime no detalle, facendo referencia a gran parte do contido da obra pero dun xeito sutil para que, cando o lector remate de ler o libro, poida ver a portada e identificalo todo facilmente.

A ilustración está chea de texturas, buscando activamente crear unha obra matérica. A paleta de cores é reducida e xoga cos contrastes de claroscuro.

 

bottom of page