top of page

Rigging

Sempre me interesou todo o relacionado coa animación, pero un día, case por casualidade, decidín probar algo novo.

 

Falando cunha amiga mostroume algunhas

avatares que a xente utiliza para crear contido nas redes sociais, móvense xunto coa persoa que o utiliza usando unha cámara, preguntábame, como o fan?

 

Foi entón cando comecei a interesarme polo tema e atopeime co proceso de rigging, que basicamente é dar movemento a un modelo 2D ou 3D.

 

Ao principio, non sabía nada diso, pero a miña curiosidade fíxome investigar máis. Descubrín que para facelo cómpre traballar con ósos dixitais e aprender a controlar como se moven as partes do corpo. Decidín probalo eu mesmo, aínda que non tiña experiencia.

 

 

 

Proceso

O primeiro que fixen foi facer un modelo 2D co que puidese traballar.

Tiven que separar toda a ilustración en partes, sorprendeume o complicado que era, pero ao mesmo tempo, pareceume moi divertido.

 

 

Despois comecei polo Rigging en si, no meu caso usei o programa Live2D.

A medida que axustaba os ósos e vía como respondía a modelo, enganchaba cada vez máis. Incluso comecei a entender como facer que as expresións faciais se movan con máis naturalidade.

 

 

Aínda que ao principio o fixen por curiosidade, decateime de que me gustaba moito. Este proxecto pasou de ser unha simple proba a algo que cada vez me motivaba máis a aprender e mellorar, incluso fixen algún encargo.

 

Aquí tedes un vídeo de como é o movemento.

Outros traballos

 

Despois da miña primeira experiencia co rigging en Live2D, sabía que quería seguir mellorando. Aínda que me divertín moito, tamén cometín erros que complicaron o proceso, como a mala separación dos modelos e o descoñecemento das ferramentas.

 

Neste novo proxecto, decidín aprender deses erros e planificar mellor. Centreime en separar as partes do modelo con máis precisión e explorei novas funcións de Live2D para conseguir movementos e expresións máis fluídas.

 

Animábame a traballar máis profundamente na física, sobre todo no cabelo, facéndoo mover dun xeito máis natural e dinámico, isto levoume a experimentar con pequenos detalles, como engadir física aos pendentes, o que lle daba ao modelo un aspecto moito máis interesante.

Tamén creei algúns togles para cambiar elementos do modelo, como expresións ou accesorios, o que o facía máis versátil e divertido de usar.

 

Grazas á experiencia previa, puiden traballar de forma máis eficiente e conseguir un resultado máis profesional. Este proxecto non só foi un avance técnico, senón tamén unha proba de que os erros son unha parte esencial da aprendizaxe.

 

Unha das leccións máis importantes no rigging é a preparación da ilustración.

 

Separando coidadosamente cada parte do modelo, como cabelo, ollos ou roupa, e nomear claramente as capas, como "ollo_dereito" ou "brazo esquerdo", fai que o proceso sexa moito máis sinxelo.

 

Esta organización aforra tempo e evita erros, permitindo que os movementos sexan máis fluídos e naturais. Esforzarse nesta fase inicial garante un modelo máis funcional e profesional, demostrando que un bo aparello sempre comeza cunha ilustración ben preparada.

 

 

Aquí tedes un vídeo de como é o movemento.

bottom of page